Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove inaugura o belén municipal c@s nen@s do grupo de teatro da ACD Xove

O Concello de Xove continúa coas actividades programadas para este Nadal organizadas polas concellerías de cultura e turismo.

Nese senso, este sábado 19 de decembro celebrábase:

Visita de Papá Noel polas parroquias
Montado no seu vehículo especial, percorreu tódalas parroquias: Monte, A Rigueira, Palmeiro, O Cruceiro, A Vara, Vilachá, Morás, Lago e Sumoas.

Inauguración do Belén Municipal
O Belén, que foi montado polo personal do Concello e que ocupa unha boa parte do Parque do Centro Cívico, foi inaugurado este sábado ás 17.00 horas.

Como en cada edición, nesta inauguración participaron os alumnos e alumnas da Escola de Maiores do Concello de Xove e, como novidade, este ano 2015 estiveron acompañados polos nenos da Grupo de Teatro da ACD Xove. A coordinación desta montaxe correo a cargo do Laboratorio de Investigación Social.

A inauguración contou cun guión narrado co que o público puido seguir á acción que se desenvolve na Aldea de Belén, protagonizada polos anciáns e polos nenos. Deste xeito, ademais de dar comezo á grande atracción que supón cada ano o Belén Xigante de Xove cunha proposta teatral atraente, pretendimos lograr unha colaboración xeneracional entre as persoas máis maiores do Concello (que representan esta función dende hai sete anos), e os actores e actrices máis pequenos do Grupo de Teatro.

Inauguración da Exposición de Fotografía de Cristian Carabalí
Tivo lugar arredor das 19.00 horas, despois de rematada a presención do vídeo “Xove emociona”.

Exit mobile version