Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente licita por máis de 350.000 euros o contrato para a limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais de ríos nas catro provincias

Santiago, 19 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia licita este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros, e que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.

Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas.

As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.

Coutos ou tramos nos que se actuará na provincia de Lugo:

Couto/Tramo Límite superior Límite inferior

Km

SALMEÁN” L1 y L2 Presa de Xinzo (A Pontenova; x=647.359, y=4.798.145) Pasarela do Refuxio (A Pontenova; x=645.805, y=4.798.773)

2,4

A PONTENOVA “L1, L2 y L3 A Ponte do Pico (A Pontenova; x=646.636, y=4.801.549) Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887)

5,0

A PONTENOVA” L4 y L5 (compartidos) Ponte do Cairo (A Pontenova e Asturias; x=648.188, y=4.804.887) Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424)

3,2

SAN TIRSO” L1, L2 y L3 (compartidos) Presa do Pé da Viña (Trabada e Asturias; x=647.335, y=4.806.424) Pasarela da Volta (Asturias; x=648.242, y=4.807.851)

2,7

ABRES” L4, L5, L6, L7, L8 y L9 (compartidos) Río Trabada (Trabada e Asturias; x=651.371, y=4.809.555) Pozo de Fornacho (Trabada e Asturias; x=653.756, y=4.811.543)

5,5

CELEIRO” L1, L2 y L3 Ponte da Cazolga (Lourenzá; x=636.990, y=4.817.539) Pozo do Pibidal (Barreiros; x=638.816, y=4.819.534)

7,7

FOZ” L1, L2 y L3 Pasarela de Valmaior (Foz; x=631.894, y=4.825.618) Ponte de Fazouro (Foz; x=636.548, y=4.827.851)

8,0

VIVEIRO” L1, L2, L3 y L4 Desembocadura Rº das Balsadas (Ourol; x=613.271, y=4.825.811) A Ponte de Portochao (Viveiro; x=611.958, y=4.832.569)

11,5

NAVIA Hortas das Veigas, enlace da estrada de Moia (Navia de Suarna; x=663.563, y=4.758.858) Límite da Comunidade Autónoma de Galicia (Navia de Suarna; x=665.763, y=4.761.900)

5,6

COUREL A Ponte de Esperante (Folgoso do Courel; x=652.793, y=4.722.813) Desembocadura do Regato Ferreiros de Abaixo ou Rego da Veiga (Folgoso do Courel; x=649.150, y=4.719.491)

6,7

SANTALLA DE LOÚZARA A Ponte da Retorta, na estrada entre Gundriz e Praducelo (Samos; x=646.257, y=4.728.653 Ponte de Santalla de Abaixo, na estrada cara á igrexa (Samos; x=642.855, y=4.724.295)

9,8

LÁNCARA Pasarela de Carballal (Láncara; x=635.798, y=4.746.319) A Ponte de Marzán (Láncara; x=628.729, y=4.747.297)

9,8

VALDRIZ A Ponte de Valdriz (Láncara; x=627.836, y=4.747.037) Ponte da estrada Lugo-Sarria (Láncara e O Corgo; x=626.732, y=4.747.589)

1,7

“ORIBIO ALTO” A Ponte da Balsa (Triacastela; x=643.715, y=4.735.237) Ponte da Capela do Ciprés (Samos; x=637.122, y=4.732.445)

12,2

FROLLAIS A Ponte da Veiga de Reiriz (Samos; x=634.619, y=4.734.631) A Ponte de Fafián (Sarria; x=630.027, y=4.735.450)

11,4

RONFE A Ponte de Céltigos (Láncara e Sarria; x=631.660, y=4.744.017) Ponte do ferrocarril (Láncara; x=627.398, y=4.746.298)

9,1

LADRA Caneiro de toma de auga de Rábade e Outeiro de Rei (Outeiro de Rei; x=610.549, y=4.772.735) Desembocadura no Miño (Outeiro de Rei; x=612.052, y=4.772.215)

1,9

Exit mobile version