Serpenteando e buscando atallos, os carros cheos de palanadores foron chegando a destino, mais non todos. Seica algún tivo que ficar na casa completamente aillado, agardando que as augas baixasen de nivel, mais a fame de billarda dos palanadores da Conferencia NorLeste fixo que a concurrencia fose abundante, mesmo ca achega de algún valente da irmá conferencia do NorOeste.
Dando un pouco de tempo para que ninguén quedase fora do bombo, deu comezo o sorteo e de seguido o voo das billardas encheo po completo e tomou posesión por primeira vez do pavillón de Castro de Rei.
Ata agora viñemos xogando fora, en prado, e o cambeo para pista cuberta de cemento, trouxo aparexado unha morea de resultados sorprendentes ou canto menos inagardados, de xeito que moitos dos favoritos, víronse sorprendidos e deixaron ó final da xornada o seu casilleiro mais valeiro de puntos que de costume. Markytos, Xermán, Kiko, Iván e Regueiro foron as vítimas, sendo esta para eles, a peor xornada no que vai de campeonato. Pola contra, Paula, Lola Eiras, Manolo, Carlos Alvariño, Oscar e nomeadamente Jorge (que finalmente gañou a aberto), deron a nota positiva co seu acerto.
Sen prisa pero sin pausa foi correndo a tarde billardeira entre risas, alguna cerveciña que outra e por fin os tan agardados primeiros varados da tempada. Non era sin tempo que os especialista se deixaran ver, e hoxe era o día. Con todo non se poden botar foguetes, so sete, pero todos eles de tan bela feitura que desataron as gorxas en atronadores vítores e fixeron que as palmas fumegasen en prolongados aplausos. Isto é billarda: Paixón! Amizade! Sana competencia e Deporte!
O pavillón de Castro de Rei foi muda testemuña da consolidación e subida ao estrelato dun novo valor: Jorge Galdo acadou a mellor puntuación e gañou o aberto.
O xogador de Ekipa-Bítere, sin estarabouzo ningún, viñase posicionando xornada a xornada con unha aportación in crescendo para o seu equipo e foi desta volta quen rubricou unha xornada perfecta facendo grande a un equipo que semellaba estancado e sen visos de rexurdir.
Para o segundo posto, catro empatados que logo das tres carreiras de rigor deixaron a Daniel como segundo e a Pepe Vidal como terceiro e mellor xogador local.
En donas, foi Geni a primeira seguida de Paula e de Lola Eiras.
En canto a equipos, “Billardeiros Musicais” gañaron por un so punto ós locais “O Cadaval”.
Os premios das afamadas galiñas de Mos, foron entregadas os gañadores por o alcalde de Castro de Rei D. Francisco Balado acompañado en todo momento por Mario do equipo anfitrión.
As clasificacións logo desta sexta xornada quedan asi:
Individual: Regueiro 117 p., Pepe Outeiro 111 p., Pepe Vidal 109 p., Manolo Pozo 108 p., Coedo 105 p.
Donas: Geni 79 p., Lola Eiras 42 p. e Bea 37 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 458 p., O Cadaval 382 p., Troitas Bravas 340 p.
A vindeira xornada viaxamos a Meira o domingo 31 de xaneiro. Agardamos por todos