O planeamento foi sempre cuestión peliaguda e os responsabeis- gobernos e oposicións- incapaces de arranxalo. Ésta é, cando menos, a experiencia acumulada a través dos anos. O cronista, vello na praza, non lembra xa cantos “intentos” van dende os tempos da súa adolescencia. No caótico arquivo garda un documento do ano 1942 – hai 75 anos – que barruntaba o posible dun urbanismo iniciático mais racional e sensato pois no escrito lese: “ se está llevando a cabo el plano de población de la villa y los alrededores de Foz que, por su excelente posición topográfica pueden hacerse ensanches y nuevos barrios que vayan marcando el progreso….”. Pero salta á vista que a historia non nos foi propicia; dende entón mais que ensanchar, estreitaron canto atoparon ó paso, acorde cos cativos intelectos. Aquela sociedade, con un 20% de analfabetos, sequera barruntaban a posibilidade dun urbanismo; pero os que viñeron atrás (os “progresistas”, adxetivo ao que todos se adscriben) masacraron o verxel; mentes anquilosadas que deberían ter evolucionado, e non ser artífices da barbarie que nos distingue co feísmo mais procaz e insultante…!
¿Qué dirían hoxe, no 2016, os do 1942 á vista do feito?. Preguntamos:¿ Plan habemus ou dentro de outros tantos anos alguen lembrará a nova oportunidade perdida?, ¡qué Plan, señor..!