Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro asistirá este mércores aos actos en Fitur nos que se promociona o Concello

Viveiro, 19 de xaneiro de 2015.- O vindeiro mércores, 20 de xaneiro de 2016, a Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, e a Alcaldesa, María Loureiro García, desplazaranse a Madrid para asitir, en Fitur, o día 21 de xaneiro, a varios dos actos nos que se promocionará ao Concello de Viveiro. Cómpre destacar, neste sentido, que esta é a primeira vez que a alcaldesa asiste a esta feira, na que Viveiro estreará a súa nova marca e os novos folletos turísticos.

Nesta edición, o Concello de Viveiro estará presente en catro presentacións: xunto coa Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, no stand de Turismo de Galicia; e xunto con Villas Marineras, nos stands de Galicia, Asturias e Cantabria.

Ademais da promoción que se realizará na feira, o Concello de Viveiro estará presente nas estacións de metro de Madrid, en cuxas pantallas, durante a celebración de Fitur, se proxectará un vídeo de promoción turística, elaborado por Villas Marineras, con imaxes deste e dos demais municipios pertencentes a esta agrupación.

Así mesmo, esta Alcaldía asistirá o 21 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles, á celebración da “Noite Q”, organizada polo Instituto para la Calidad Turística Española. Neste acto terá lugar a entrega dos diplomas cos que se recoñece ao Concello de Viveiro pola renovación da Q de Calidade para as súas praias de Covas e Area.

É preciso sinalar, finalmente, que hoxe, tres días despois da súa presentación, o novo vídeo de promoción turística do Concello de Viveiro conta con 50.000 reproducións, sendo esta unha mostra inequívoca do seu éxito.

Exit mobile version