Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida.
As inscricións poden facerse na biblioteca municipal ata o venres 5 de febreiro en horario de 5 a 8 da tarde ou ben no teléfono 982.12.10.06.
Esta actividade é totalmente gratuíta para os asistentes.