Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo convoca unha xuntanza para a súa refundación

O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. Terá lugar ás 20.30 horas do serán e están invitadas tódalas persoas que desexen participar.

A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as súas actividades no ano 1.992 plantexando temas de protección da ría e outros relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se trata de repetir o vello modelo organizativo, senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ría a carón doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación adaptadas aos costumes e medios actuais.

A idea sería aproveitar as bases administrativas da antiga plataforma para comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de 6-12 meses constituír unha nova organización con persoas, métodos e plantexamentos renovados segundo as decisións que se adopten colectivamente.

A curto prazo plantéxase a participación no Foro Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a celebrar na Pontenova o vindeiro 27 de xaneiro.

Exit mobile version