Site icon Crónica3.com A Mariña

A raíña do Entroido de Foz 2016 e as súas damas serán coroadas este sábado 23 de xaneiro cunha cea na sala Bahía

raiñas-entroido16-fozFoz, 19 de xaneiro de 2016. Este xoves, día 21, remata o prazo de reserva de entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido de Foz 2016, que é Andrea Rouco Posada, e das súas damas: Nuria Díaz García e Alba Goás Freire. O evento terá lugar este sábado, día 23, ás dez da noite na Sala Bahía.

O menú da cea inclúe sopa, cocido, postre, viños tinto e branco, café e chupito. Estará amenizada polo dúo Eclipse e o prezo por persoa é de 23 euros. A reserva de entradas hai que facela na Delegación de Cultura do Concello de Foz ou chamando ao teléfono 982 140 027.

Exit mobile version