Site icon Crónica3.com A Mariña

A V Festa do Comercio de Acisa celebrarase o próximo 16 de xaneiro no Cine Teatro

Ribadeo, 11 de xaneiro de 2016.- A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo (Acisa) celebra a quinta edición da Festa do Comercio o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Haberá premios por importe un total de 2.000 euros en vales de compra, con sorteo en directo de 1.500 euros en premios de 500, 400, 300, 200 e 100 euros, no que será necesario estar presente e levar a papeleta, ademais de 500 euros que se sortearán de forma non presencial. As rifas repartíronse entre a clientela do comercio local durante as festas de Nadal.

Os premios faranse efectivos en vales de compras para gastar a partir do 30 de xaneiro de 2016 nos establecementos asociados. Sortearase unha vez cada premio presencial e ao terminar sortearanse de novo os que non aparezan.

Os asistentes á gala poderán gozar dun espectáculo de danza a cargo de María Justo, “ademais haberá sorpresas e moita participación do público”, segundo explican desde a directiva de Acisa, que anima “a asistir a esta tradicional cita, coas papeletas, e para pasar unha tarde-noite de sábado divertida”.

Un ano máis haberá unha pantalla instalada no exterior do Cine Teatro para que “aquelas persoas que non poidan acceder ao interior da instalación poidan seguir o desenvolvemento da festa do comercio desde a rúa”.

Exit mobile version