Site icon Crónica3.com A Mariña

A V Festa do Comercio de ACISA reparte 700 euros en vales de compra e agarda entregar 500 máis polo premio non presencial

Ribadeo, 16 de xaneiro de 2016. Cheo no Cine Teatro e nas súas inmediacións para seguir o sorteo de 2.000 euros en vales de compra da V Festa do Comercio da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

O premio de 100 euros correspondeulle ao número 48.017. A afortunada foi Sonia Quintana, que se fixo co seu boleto en O Lar de Manolo. O premio de 200 euros levoullo o número 51.769. O afortunado foi José Manuel López, que recibiu a papeleta en Mariña Asesores. E o premio de 400 euros foi para o número 69.067, que repartiu A Moda Sport. O afortunado foi Manuel Antonio Suárez.

Quedaron desertos os premios de 300 e 500 euros, que tras sortearse en dúas ocasións non foron reclamados polo público asistente. Ao final da festa os premiados foron fotografados xunto ao presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

O premio non presencial foi para o número 79.727. Un cliente de Maravalla será o que se leve 500 euros en vales de compra. Ten unha semana para presentar a papeleta nas instalacións de Acisa Ribadeo, na segunda planta do nº 20 da Avenida de Galicia, e así facerse co seu agasallo.

A velada estivo amenizada por un grupo de danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e por un trivial que repartiu vales de 10 euros entre o público acertante das preguntas suscitadas polos presentadores: Arancha Lousas, Jesús Pérez, e Daniel Gayoso.

A directiva de Acisa felicita aos gañadores da V Festa do Comercio, agradece aos seus asociados a súa participación na campaña de Nadal, aos clientes do comercio e da hostalería ribadense a súa fidelidade e aos asistentes o seu apoio e a súa presenza tanto no interior do Cine Teatro como fose “malia a xélida noite, que nos acompañou”.

Exit mobile version