Site icon Crónica3.com A Mariña

A Volta Ciclista a España pasará pola Avenida Arcadio Pardiñas de Burela

Burela, 22 de xaneiro de 2016. A Volta Ciclista a España pasará pola avenida Arcadio Pardiñas. Así llo confirmou o director da proba ao alcalde burelés, Alfredo Llano, este venres en Fitur. O rexedor tamén convidou a visitar Burela e a comarca ao presidente da Xunta, Alberto Núñez.

Llano explicou que “hoxe estivemos aquí, en Fitur, falando con moita xente. É unha plataforma moi boa para ver a persoas que é moi difícil ver noutros sitios. Entre outros tiven a sorte de falar co director da Vuelta Ciclista a España, e xa quedou consolidado que discorrerá pola avenida de Arcadio Pardiñas a etapa que pasará por esta zona. Eu penso que é unha cousa boa e bonita para Burela que pase polo centro do noso pobo”.

E engadiu: “tamén asistín ao discurso do presidente da Xunta, formando parte da delegación en apoio do turismo para Galicia. Ademais aproveitei para invitalo a que visite Burela cando poida e se pode ser pronto mellor”.

O alcalde de Burela considera que “é unha maneira de axudar a motivar á xente a que veña á nosa comarca, que é o que se pretende aquí, en Fitur”.

Exit mobile version