Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade informativa da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Burela no IES Illa de Sarón de Xove

Burela, 14 de xaneiro de 2016. A traballadora social da UAD-Burela desprazarase este venres ao mediodía ata o Concello de Xove para impartir unha sesión informativa no IES Illa de Sarón.

A actividade, que vai dirixida aos alumnos de 2º e 3º da ESO, pretende dar a coñecer a UAD realizando unha presentación deste recurso asistencial, que ten un ámbito de actuación comarcal (14 concellos de A Mariña lucense) e no que se realiza un abordaxe terapéutico das condutas aditivas.

A técnico da UAD explicará o funcionamento deste centro sanitario, que é de carácter ambulatorio, así como os distintos programas asistenciais que nel se desenvolven.

Esta actividade pretende tamén resolver calquera tipo de dúbido que os asistentes poidan ter, segundo explica Mª Concepción Abad Alastruey, directora da UAD-Burela.

Exit mobile version