Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano agradece a universitarios e opositores o bo uso que están facendo dunha aula que o Concello de Burela lles cedeu na Casa da Xuventude para estudar alí nestas datas de Nadal

Burela, 4 de xaneiro de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, agradece o bo uso que os universitarios e opositores están a facer da aula cedida na Casa da Xuventude para que estuden alí durante as festas do Nadal.

O rexedor manifestou: “teño que agradecer aos rapaces que están empregando unha aula que temos na Casa da Xuventude, que dispuxemos para que puideran desenvolver os seus estudos, uns estudos que teñen que están realizando agora dado que son case todos estudantes universitarios e probablemente teñen exames no mes de xaneiro”.

Alfredo Llano aclarou que “eles para nada reclamaban un espazo onde houbese contidos específicos ou material concreto para os seus estudos, senón que basicamente demandaban un espazo. Penso que alí están cómodos, están actuando moi responsablemente, estano usando para os seus fins de maneira moi responsable e agradézolles que estean contentos e que sacaran á luz que polo menos tiveron un recibimento por parte do Concello. O que queremos nós é que cheguen a boa fin e que grazas a esta axuda mínima que o Concello está facendo poidan obter bos resultados no mes de xaneiro”.

Exit mobile version