Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro: “A Sánchez non lle importa o prezo que os españois teñan que pagar con tal de chegar a Moncloa”

IMG_334820 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, reiterou este mércores, trala reunión da mesa da Cámara Alta, que “ao Sr. Sánchez non lle importa o prezo que os españois teñan que pagar para conseguir o seu obxectivo persoal de chegar a Moncloa”.

Barreiro afirmou que o PSOE aposta, unha vez máis, por favorecer a aqueles grupos que queren “romper a unidade de España”. “Xa o fixo aquí no Senado cedendo dous senadores a ERC e outros dous a DiL para que teñan grupo propio”, matizou.

O portavoz do GPP no Senado destacou que Pedro Sánchez “non asume a súa derrota e quere chegar a Moncloa custe o que custe”. “Non lle importa o prezo que haxa que pagar -continuou- aínda que este sexa a ruptura de España, a renuncia ao principio de soberanía nacional e á igualdade de todos os españois, independientemente do lugar onde vivan”.

A continuación, José Manuel Barreiro pediu a “esa gran maioría de socialistas” que creen na unidade de España que manifesten públicamente a súa posición en contra da ruptura do país. Ademais, recordou as recentes declaracións en contra da cesión de senadores a partidos independentistas, de destacados dirixentes socialistas, como García Page, Rodríguez Ibarra e Fernández Bara, entre outros.

Así mesmo, explicou que “ninguén cre en España que nada é a cambio de nada; pero os españois somos intelixentes e sabemos interpretar”, matizou. “Hai un pacto claro entre o señor Sánchez e todos aqueles que queren poñer en cuestión a unidade de España”.

Finalmente, Barreiro reiterou que o PP non está de acordo con ese posicionamiento e “seguirá traballando pola unidade e a igualdade de todos os españois”.

Exit mobile version