Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro: “O PSOE non pode ir de noivo coas forzas políticas populistas e rupturistas”

160127 RP PASOS PERDIDOS III27 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Barreiro, asegurou este mércores que o PSOE “non pode ir de noivo con aquelas forzas políticas que están en formulacións populistas e rupturistas”, tras o cal, recordou que desde o PP “seguimos traballando, baixo a dirección do presidente do partido e presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para consolidar un Goberno estable no noso país, e ademais é imprescindible que isto sexa así”.

Neste sentido, Barreiro remarcou que isto é o mesmo que poñían de manifesto este martes destacados membros do PSOE, como Felipe González, na liña de que “debe apostarse pola estabilidade e non pola ruptura”.

José Manuel Barreiro, en declaracións aos medios no Senado, afirmou que, afortunadamente, no PSOE hai xente con “sensatez e fieis aos principios deste partido” e lamentou que o seu secretario xeral se negase a manter un diálogo con Mariano Rajoy, que, non podemos esquecer, “é o líder do partido que recibiu o apoio maioritario dos cidadáns”.

Noutro punto da súa intervención, o xefe de filas dos populares no Senado puxo de manifesto que desde o seu partido, seguirán traballando para que “España siga no tren de Europa e outros parece que están máis orientados a que se suba a ese avión que ía a Venezuela”. “Iso é un erro, que tería consecuencias moi perxudiciais para a sociedade española”, remarcou con rotundidade.

Nesta mesma liña referiu que no PP “non somos capaces de entender que unha persoa que lidera un partido que aspira a liderar un país poña por diante o seu único interese persoal, que é o que está movendo a Pedro Sánchez”.

Normalidade no Senado
Con respecto ao Senado, Barreiro sinalou que as cousas están transcorrendo con normalidad, e puxo de manifesto que o Grupo Popular, ocupará os postos que lle correspondan como a forza maioritaria, “como é lóxico”.

Exit mobile version