Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FS Pescados Rubén 6-3 DLink Zaragoza

chanoiago-zaragoza16Burela, 20 de xaneiro de 2016.- O encontro comezou con intensidade e ritmo aínda que sen ocasións claras en ningunha das filas. Co paso dos minutos, as chegadas dos maños, con José Carlos de estratexia e Víctor Tejel, fronte a un sempre correcto Edu, cederon terreo aos laranxas, que conseguiron ir tomando posicións e dominando en perigo. Tralas tentativas de Jorge, cun pé prodixioso do meta rival, e Iago Rodríguez, á escuadra, Vista Alegre cantou un gol que non chegou; o disparo de Iago quedouse morto ao bordo da liña de meta e Iván conseguiu salvalo. Rozando o ecuador da primeira parte, os da Mariña asediaron a área do DLink con dúas pelexas moi enveadas, aínda que sen recompensa para os de Daniel Ibañes. Pediu tempo o técnico zaragozano para frear as embestidas dos locais, pero nada puido facer no minuto 12, co merecidísimo gol en contragolpe de Jorge Bellvert, que sorprendeu a Iván perforando a rede. Os de Quique Soto tiveron o empate nun disparo de Víctor Tejel (minuto 16) que se paseou por diante da portería burelista sen encontro no remate. Antes do descanso, as mellores ocasións dos da casa protagonizáronas Chano, no 18, que non puido controlar de cabeza un pase longo, e Jorge, a falta de 23 segundos para a bocina, ante Iván que despexou coa perna.

Cando apenas transcorrera minuto e medio de xogo, DLink empató a contenda nas zapatillas de José Carlos, tras gol anulado de Víctor Tejel por falta en ataque nos primeiros segundos. No 23, Chino non puido aproveitar fronte a Arturo o envío de Jorge desde a banda, pero Antoñito non perdoou e subiu o 2-1 nos seguintes compases rematando a asistencia de Bellvert, un dos burelistas máis incisivos da cita xunto a Chano. O 11 mariñao rubricou o 3-1 de rexeite, en minuto 28, a pase de Hélder na área maña, trala chegada en avalancha de Jorge. Antes, no 24, o prodixioso Edu estivo impertérrito en dobre tentativa de Caio Alves. A falta de 7 minutos para o final, o 12 do DLink abandeirou o xogo de cinco, tralo disparo ao pau de Tejel que puido recortar distancias. Reduciu Richi Felipe tan só un minuto despois, asistido por Víctor Tejel. Con todo, pouco lles durou a alegría aos de Quique Soto; Jorge volveu a perforar a rede visitante no 36, a balón parado, e Chino ampliou ao 5-2, no 37, a porta baleira tras galopada de Chano. Os de Zaragoza volveron acurtar levemente con José Carlos no 38. A falta de 7 segundos, Chano sentenciou co 6-3 desde media pista a porta baleira.

A liga de Primeira LNFS regresará para os laranxas o 20 de febreiro en casa do Jumilla, tralo parón da competición pola disputa do Europeo.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Iago Rodríguez, Chano, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Jorge, Hélder, Carlitos.
DLink Zaragoza: Iván Bernad, Víctor Tejel, Retamar, José Carlos, Nano Modrego, cinco inicial; tamén xogaron Caio Alves, Óscar Villanueva, Richi Felipe, Jorge Santos, Víctor López, Arturo.
Goles: 1-0, minuto 12, Jorge Bellvert; 1-1, minuto 21, José Carlos; 2-1, minuto 23, Antoñito; 3-1, minuto 28, Chano; 3-2, minuto 35, Richi Felipe; 4-2, minuto 36, Jorge; 5-2, minuto 37, Chino; 5-3, minuto 38, Jorge Santos; 6-3, minuto 39, Chano
Árbitros: Rodrigo Miguel // Sánchez Molina (Castilla A Mancha). Por Burela amarela a Iago Rodríguez 26), Chino (minuto 39). Por DLink amarela a Jorge Santos (minuto 14), Óscar Villanueva
Incidencias: Partido correspondente á 20ª xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre. Sobre 600 afeccionados.

Exit mobile version