
Éxito de público, especialmente o infantil, na Cabalgata de Reis 2016 no Concello de Valadouro. As Súas Maxestades de Oriente desafiaron a choiva e o vento para saudar aos nenos do Valadouro e repartir agasallos e ilusión. Houbo unha recepción na Casa da Cultura onde se oiron as voces das Cantareiras de Amado Lar e panxoliñas e versos a cargo dos máis pequenos do concello. Ao rematar houbo unha chocolatada con roscón de reis para todos os asistentes.