Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla didáctica e presentación de ‘Viaxe á fin do mundo’ na Libraría Bahía

O xoves 21 de xaneiro ás 20.30 horas a Libraría Bahía acolle unha charla didáctica impartida por Xabier Grandío sobre O TAROT, HISTORIA E NATUREZA. O venres 22, tamén ás 20.30 horas, preséntase o libro VIAXE Á FIN DO MUNDO, organizado pola asociación A POMBA DO ARCO. Contará coa participación do autor, o xornalista Manuel F. Rodriguez e do tamén xornalista oriundo de San Miguel de Reinante, Xosé María García Palmeiro.

Exit mobile version