Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortada a LU-161 polo aumento de caudal do río Landro

Debido a temporal que está a afectar Galicia nestes primeiros días do ano 2016, o CAE 112 non rexistrou danos persoais.

Con todo, en Viveiro, as forzas da orde procederon a cortar a LU-161 debido ao aumento do caudal do río Landro.

É que os fenómenos adversos de vento e choiva -con avisos de alerta laranxa dende o pasado martes 5 ata este xoves 7 de xaneiro- tamén afectan á Mariña. A pesar de que a alerta se rebaixou para este venres 8 de xaneiro ata a amarela por auga e fortes refachos de vento en terra sen alerta por ondas no mar; para o sábado 9 de xaneiro volve activarse unha alerta laranxa por ondas e vento no mar. A chuvia e o vento remitirán na tarde do venres, pero o temporal volverá na fin de semana.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ten activada unha alerta polo incremento xeralizado dos caudais dos ríos ante o risco de inundacións en Galicia cun plan especial de protección civil.

A8
A circulación está condicionada na autovía A-8 por néboa entre o km 536 (Abadín( e o km 552 (Mondoñedo) en ambos sentidos.

Exit mobile version