Site icon Crónica3.com A Mariña

FaRi Elfarero presenta un documental sobre a sala Minibar un ano despois do seu peche

Tras un ano do peche da mítica ribadense sala de concertos “minibar”, o realizador FaRi Elfarero estrea un documental sobre a súa historia con imaxes de arquivo desde 1997.

A obra dura 20 minutos e contén concertos de arquivo, concertos do peche da sala, entrevistas a propietarios, xerentes, camareiros e músicos, así coma entrevistas ao público e aos músicos no día do seu último concerto. Recolle tamén momentos moi entrañables e toda a obra utiliza música de artistas locais coma os grupos: Beetlejudge, Remakers, Zora Gabbara e Rockstation.

O documental pode verse de maneira gratuíta na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=k1MJaHM_QrY.

Exit mobile version