Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do XXI Campionato de Tute Concello de Cervo no transcurso dunha cea

premios-tuteCervo, 25 de xaneiro de 2016. Os premios da vixésimo primeira edición do campionato de tute Concello de Cervo foron entregados no transcurso dunha cea celebrada no restaurante O Castelo, de San Cibrao, o pasado venres. Ao acto asistiron o alcalde, Alfonso Villares; o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Balseiro; e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.

O edil de Deportes explicou que “o Concello de Cervo, un ano máis e xa van 21 de forma consecutiva, organizou o campionato de tute, actividade que se desenvolveu nos locais dos 10 hostaleiros que representaban aos equipos, cun total de 120 participantes. As partidas realizáronse polo sistema de liga, ou sexa todos contra todos a dobre volta. O torneo foi organizado coa colaboración inestimable e totalmente desinteresada de Félix Fernández Gómez, que leva á fronte deste campionato dende o seu inicio”.

José Ramón Soto engadiu que “despois de máis de dous meses de competición chegouse ao desenlace final e a clasificación quedou da seguinte forma:

Posto Equipo Puntos
1º Pizzería O Trasgo 119
2º Mesón da Ría 118
3º Cervecería Telvis Place 117
4º Bar Camarote 115
5º Bar As Titas 113
6º Restaurante Río de Oro 109
7º Restaurante O Castelo 107
8º Cervecería A Cerve 102
9º Bar Nordesía 96
10º Restaurante O Almacén 84

O colofón final tivo lugar no restaurante O Castelo, de San Cibrao, este pasado venres coa celebración dunha cea para todos os participantes e entrega de trofeos de Cerámica Sargadelos, que aporta o Concello de Cervo ao igual que nas 20 edicións anteriores”.

Soto rematou destacando que “estes 21 anos de campionato de forma consecutiva fan que no concello de Cervo se dispute uno dos torneos de tute máis antigos da provincia de Lugo. O secreto do éxito e desta continuidade conséguese polo bo ambiente que hai entre os participantes e os atractivos trofeos da Cerámica de Sargadelos, aportados polo Concello de Cervo”.

Exit mobile version