Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves un transporte especial cruzará Viveiro, polo que se restrinxirá o aparcamento na Travesía da Mariña

Viveiro, 27 de xaneiro de 2016.- Desde o Concello de Viveiro infórmase que este xoves, 27 de xaneiro de 2016, en horario de tarde, un transporte especial cruzará a cidade. Este vehículo contaba coa autorización da Dirección Xeral de Tráfico para realizar a súa entrada en Viveiro ás 12:00 horas, pero, tendo en conta que mañá se celebra o mercado semanal, co conseguinte incremento de tráfico, realizáronse os trámites oportunos para pospoñer o transporte ata a tarde.

O vehículo en cuestión mide 11 metros de longo, 5 metros de ancho e 4,15 metros de alto; está previsto que o percorrido entre Landrove e Celeiro dure uns 45 minutos e realizarase entre as 15:00 e 16:00 horas, cando a afluencia de tráfico sexa menor.

Este transporte especial chegará a Landrove escoltado pola Garda Civil de Tráfico; neste punto será recollido pola Policía Local de Viveiro, que se encargará de acompañalo dende a gasolinera de Landrove ata Celeiro, pasando pola LU-540 (Landrove e Magazos), Avda. de Ferrol, Travesía da Marina e Avda. de Galicia. O traxecto que se realizará vén determinado no permiso referido, no que non se autoriza o paso deste vehículo pola Ponte da Misericordia. Á súa chegada a Celeiro será recibido pola Policía Portuaria, que se encargará de liberar o paso ata o peirao.

Con motivo deste transporte especial, restrinxirase o aparcamento na Travesía da Mariña dende as 12:00 horas.

Exit mobile version