O ciclo musical tivo o epílogo no concerto que o pasado domingo ofreceo na sala do Cenima a xove Big Band (sinónimo de “Orquesta de Jazz”). O público que enchía o local disfrutou da audición dunha música pouco prodigada en concerto, que aparecera polos anos trinta do século pasado e que tivera o seu máximo esplendor entre as décadas 40 e 70 do mesmo, que creou pezas inesquecibles das que foron autores nomes imborrables da historia musical e que autores e obras acadaran grande popularidade: o cubano Pérez Prado (O rei do mambo), Louis Armstrong que, nado e criado na mais absoluta pobreza; de adulto, cantante de soa mundial, voltouse importante apoio financiero de Martín Luter King e outros loitadores polos dereitos civís, feito que levaba con grande discreción pois non quería que se mesturase a súa función artística coas ideas políticas; Glenn Miller, ou o catalán Xavier Cugat, personaxe singular que se fixera moi popular pola súa teima de dirixir a orquestra sempre con un can Chiguagua nas mans e tamén pola beleza das femias que a cotío o acompañaban: a derradeira fora a explosiva cantante Abbe Len. Títulos coma: “Cerezo Rosa”, “Rico Mambo”, ”Mambos” nº 5 e 8, “Perfidia”, “Siboney”, “Serenata a la luz de la luna”, “Guantanamera”,“Pensilvanya 6.5000 “, “El Cumbanchero”e outras de igual feliz recordo, a cuxos ritmos bailaron xeracións de xoves de todo o planeta, entusiasmaron a un auditorio numeroso que, ó remate premiou á ducia de intèrpretes da escola do mestre Arcadio Mon , compoñentes da Banda de música de Foz, con un longo e afervoado aplauso que expresaba a satisfacción por tan grata velada musical.