Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival na Escola Infantil, desfile e obradoiro de globoflexia en Xove polo Entroido

entroido-xoveXove inicia as actividades de Entroido o venres 5 de febreiro co FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove.

Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O programa para este día é o seguinte:

16.00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz.

17.00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.

18.30 a 20.30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas, e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.

22.30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2016” EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto e pódese realizar:
– no Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

– o mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15.00 ata as 16.30 horas. Dende as 16.30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
– PREMIOS COLECTIVOS
Carrozas.
1º premio: 450 euros
2º premio: 250 euros
3º premio: 150 euros
3º premio: 150 euros

Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 125 euros
3º premio: 125 euros

Grupos de 3 a 9 persoas
1º premio: 110 euros
2º premio: 80 euros
3º premio: 50 euros
3º premio: 50 euros

Parellas adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros
3º premio: 40 euros

Parellas infantís (menores de 14 anos)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros
3º premio: 40 euros

– PREMIOS INDIVIDUAIS
Individuais adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio: 30 euros
3º premio: 30 euros

Individuais infantís (menores de 14 anos)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio: 30 euros
3º premio: 30 euros

Ademis deste premios, o Concello estableceu catro premios máis:
-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.
-Premio ao participante máis maior: 30 euros.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.
-Premio ao participante máis novo, que recibirá un agasallo.

As bases e a convocatoria do desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.

Obradoiro “Entroido e Globoflexia”
A Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, programaron tamén o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA” que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro.

Exit mobile version