Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz Plataforma de Futuro convida ao alcalde a unirse aos 35 alcaldes galegos que reclaman unha reunión co presidente da Xunta para “dar solución á pesca do cerco”

Dende a dirección de “Foz, Plataforma de Futuro” queremos invitar ó Alcalde de Foz, a que se una ós 35 Alcaldes galegos, que reclaman manter unha reunión co Presidente da Xunta de Galicia para dar solución ós problemas da pesca do cerco.

Neste grupo de 35 Alcaldes (Camariñas, Ponteceso, Oia, Rianxo, Nigrán, Ortigueira, Bergondo, O Rosal, Narón, Cariño, Porto do Son, Viveiro, Burela, Sada, Muros, Carballo, Malpica, Vilagarcía, Catoira, Vilaboa, Pontevedra, Sobrado, Becerreá, Betanzos, Corcubión, Ares, Cambados, Noia, Fisterra, Pontedeume, Muxía, Santiago, Cariño, Redondela, Oleiros),hai dous da mariña como son o Alcalde de Burela e a Alcaldesa de Viveiro e a maiores hai Alcaldes de todas as cores políticas inclusive do PP como son os Alcaldes de Malpica e Porto do Son.

En Foz temos mais ou menos actividade na pesca, pero a ninguén se lle escapa que cerca de 50 familias do noso Concello viven do mar. Unha actividade que ano tras ano está tendo demasiados problemas e demasiada inestabilidade.Agora o problema é o reparto de cota, un reparto que se quere facer por históricos, no cal a maior parte da flota Galega non está de acordo, xa que entón poderían pescar moi pouco tempo ó ano.

Dende “Foz,Plataforma de Futuro” entendemos que o Alcalde de Foz debe dar un paso ó fronte, e como representante de todos os veciños de Foz,unirse e firmar o manifesto que xa firmaron estes 35 Alcaldes e pórse do lado do sector do mar de Foz, dende FPF entendemos que a unión dos Alcaldes pode ser primordial para dar solución a este problema,que se esquezan as cores políticas que o representan, xa que esa é unha vella forma de facer política e os tempos son outros,e dunha vez por todas defenda os seus veciños e deixe de calar a boca para promocionarse politicamente, e seguro que os veciños llo agradecerán.

Exit mobile version