EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Foz ten un importante número de camiños públicos, sobre todo polas nosas parroquias. Estes camiños públicos necesitan un continuo mantemento, sobre todo no aspecto de desbroce. Hai camiños públicos que son habitualmente mais frecuentados e estes atópanse normalmente nun estado aceptable, mentres hai moitos outros que teñen un uso menor e pouco a pouco van enchéndose de maleza e cerrándose pouco a pouco ata que se pechan de todo e é imposible o seu paso por eles.Estes camiños normalmente son usados nas parroquias para non ter que acceder á estrada xeral e ó mesmo tempo de uso para acceder a fincas ou para traslado de animais dende as zonas de pasto.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
– Instar ó Concello de Foz a proceder á limpeza dos seguintes camiños públicos para uso dos nosos veciños e veciñas que habitualmente os utilizan, algunhos deles totalmente intransitables, e outros entendemos facía falla atendelos antes de que se poñan peor.
– Camiño que une Ribela e estrada da Lamallada.( Entre a casa da mai de roberto o fontanero e a casa de Oroza).
– Camiño que une Avda. de Asturias e Camiño Vello. ( Pola casa doi Tintorero).
– Camiño do Cristo en Sta Cecilia.
– Camiño do lavadero en Mañente.
– Camiño da Picana-Cementerio en Vilaronte.
– Camiño que vai do barrio da Rua a Vigo en Vilaronte.
– Así mesmo entendemos que se debería facer un estudio e planificación dos camiños públicos do noso Concello, para proceder á súa limpeza seguindo un orden determinado e quedaría para os vindeiros anos ir facendo un mantemento e non sería necesario un esforzo tan grande como cando están completamente cerrados.