O sábado arrincaba o campionato coas categorías inferiores, alí asistiron con Beatriz Botelho Melo, que cambiaba a categoría de Alevín a Infantil. A representante feminina infantil en arco recurvo medía a súa habilidade ante o resto de compañeiras de tiro, pero pagou a súa estrea na categoría, e só se puido facer coa quinta posición cunha puntuación de 400 puntos sobre un máximo de 600 posibles. Indo de menos a máis, xa que na primeira serie clasificatoria lograría os 171 puntos, e na segunda serie despois do descanso os 229. O seu compañeiro Ángel Galante Briones participaba tamén en arco recurvo e na categoría Infantil, e tralas series clasificatorias situaríase na quinta posición con 496 puntos; o que lle valía para pasar ás eliminatorias, das que a primeira sería contra Marcos Esperante do Club Dousxsetenta, unha eliminatoria moi reñida, xa que ambos arqueiros non cedían, comeza perdendo Ángel 2 a 0 en puntos de set, para no segundo set lograr a vitoria do set e con iso o empate, a eliminatoria continúa con esta mesma tónica ata que no quinto set e estando empatados a 4 puntos de set Ángel é máis certeiro e vence o mesmo, polo que gaña a eliminatoria por 6 a 4 en puntos de set. Pasa á segunda eliminatoria en semifinais, nesta ocasión ten de enfrontarse ao representante do Club Arco Ferrol que é o que encabeza as series clasificatorias. Esta eliminatoria é unha réplica da anterior con resultados moi apertados, e logra o triunfo con 6 a 4 en puntos de set. Ángel métese na final. Esta é cun óso duro de roer, David Vallejo, o representante do Club Arqueros de Cambre e vello coñecido de Ángel, xa que fai dous anos enfrontábanse tamén no Campionato Galego de Sala na categoría Alevín, e era este o que desprazaba ao arqueiro de Iadovi á segunda posición naquel entón. Iníciase a final e Ángel, aínda que se atopa centrado e certeiro, non é suficiente, David por diferenza dun punto nos tanteos dos set logra a vitoria nos dous primeiros. O terceiro set pode ser o definitivo: se o gaña Vallejo, Ángel terá que se conformar outra vez coa segunda praza; ambos arqueiros realizan os seus lanzamentos, con puntuaciones de vértigo: 29 o un, 29 puntos o outro, empatan o set e a eliminatoria ponse 5 a 1 a favor de Vallejo; cuarto set, se se producise un empate sería suficiente para proclamar vencedor ao coruñés, pero Ángel é máis certeiro, gaña dous puntos de set e logra a remontada. Quinto set: Ángel atópase presionado, ten que vencer obrigatoriamente para ir á frecha de desempate, ambos arquieros prepáranse e Ángel é o primeiro en estrelar a súa frecha nun 9, responde David con outro 9, Ángel tira a súa segunda frecha e repite puntuación, David lanza a súa segunda frecha e váiselle a un 8, hai posibilidades e Ángel sábeo, prepárase e logra outro 9. David tómase o seu tempo e estampa a última frecha nun 10 perfecto e así logra o empate no tenteo das flechas, o empate a puntos set, e con iso a vitoria. Repítese a historia: novamente Ángel é proclamado Subcampión Galego.
Na categoría cadete de arco recurvo, Gabriel Galante Briones facíase cómodamente co titulo de Campión Galego; tras situarse primeiro nas series clasificatorias, os sets eliminatorios pasounos con amplitude vencendo aos seus contrincantes cuns aplastantes 6 a 0 en puntos de sets. Na mesma categoría e modalidade participaban Francisco Botelho Melo, que finalizaba cuarto tralas series clasificatorias, caendo nos sets eliminatorios ante Ángel Núñez do Club CELTA de Lugo por 6 a 4 en puntos de set. Lucas Rouco López situábase na praza sétima nas clasificatorias e caía nos set eliminatorios ante Taylor Murias do Club Arcobarco de Ourense, ante un aplastante 6 a 0 en puntos de set. Davis Pernas Basanta finalizaba na onceava posición tras abandonar a competición por lesión.
En senior masculino participaban Jorge Galante, que lograba ocupar a praza 13 nas series clasificatorias con 484 puntos, e José Manuel García Cordido, que ocupaba a praza 22 con 448 puntos; moi lonxe da súa capacidade.