As sesións formativas celebráronse ao longo do pasado ano nas propias instalacións do InLugo, en Consistorios, centros sociais e residencias de maiores duns 30 Concellos do norte, sur e centro da provincia. Foron accións formativas sobre Internet, manexo de móbiles, redes sociais ou fotografía, entre outros moitos, nos que traballadores da Fundación TIC ensinaron os maiores como desenvolverse coas novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida e fomentar o envellecemento activo.
Os cursos do InLugo teñen máis e máis demanda cada ano. Por este motivo, no 2016 a Fundación TIC continuará coa encomenda de xestión do Centro de Innovación Social, que está dotada de 150.000 euros, para organizar máis cursos con persoal e medios materiais da TIC.
De feito, a Deputación de Lugo ten programada a celebración doutras 12 actividades nas que poderán participar outros 180 maiores.
Son os seguintes cursos:
– Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador;
– Mantemos en forma o cerebro coa Wii
– Que son as redes sociais: descobre Facebook
– Atréveste con Internet? Axudámosche (2 edicións);
– Ximnasia mental coa Tablet
– Escribe no teu ordenador empregando un editor de texto
– Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa Tablet
– O carteiro en internet: que é o correo electrónico
– Organízate co teu móbil
– Exercicio mental co ordenador
– e Avanza e coñece todo o que poidas facer co teu smartphone.
Neste caso, terán lugar nas instalacións do InLugo. Abriremos o prazo de inscrición o vindeiro luns, 11 de xaneiro. Coma sempre, os interesados poderán anotarse acudindo ás propias instalacións, chamando ao 982-22-51-86 ou na web da Funación TIC.