Site icon Crónica3.com A Mariña

O 14 de febreiro terá lugar a III Marcha BTT da merluza que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela

260116 Foto marcha merluza 2Burela, 26 de xaneiro de 2016.- En Burela presentouse este martes pola tarde a III Marcha BTT da Merluza, que organizan o Concello e o Club Ciclista Burela. Será o 14 de febreiro con saída ás 9:30 horas desde a praza do Concello e rematará no pavillón de institutos, despois de percorrer 37 quilómetros por distintos camiños do municipio.

O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliñou que “o Concello participa na organización demostrando a implicación deste equipo de goberno coas asociacións e clubs”. O Concello limpará os camiños e porá os medios médicos, que estarán presentes na ruta para asistir aos participantes que o precisen. Policía Local e Protección Civil tamén colaborarán na III Marcha BTT da Merluza.

Absa doa a merluza do pincho que se servirá no xantar ao que acudirán todos os participantes e aos seus acompañantes. “Ademais este ano cada inscrito doará un euro, que irá destinado á asociación protectora de animais Bigotes, que está a realizar un traballo importante recollendo animais abandonados e buscándolles un fogar”, explicou o presidente do Club Ciclista Burela, Manuel Yáñez Hermida, que agradece a colaboración do Concello, da Policía Local, de Protección Civil, de Absa, do Banco Sabadell-Gallego, de Cerezo Bikes, de Isabel Dayán estilistas e de Os Negativos.

Ao acto celebrado na tarde deste martes no Concello asistiron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, ademais de representantes de Absa, do Club Ciclista Burela, do Banco Sabadell-Gallego e o técnico municipal de Deportes.

Exit mobile version