O Festival celebrarase entre as 17:30 e as 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Alí está programado un espectáculo de maxia a cargo de Chrystyan Magic, destinado a todos os públicos. Haberá tamén desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para individuais, parella e grupo e agasallos para todos os participantes. Na tarde festiva haberá tempo para a festa de animación con bailes e imitacións. A esta cita non faltarán os tradicionais cabezudos.