Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo emite un bando recomendando non utilizar para consumo humano a auga da zona de abastecemento de Lexoso

Ribadeo, 9 de xaneiro de 2016.- Don Fernando Suárez Barcia, alcalde-presidente do Excmo. Concello de Ribadeo, fai saber:

Por comunicación da empresa concesionaria do servizo de auga de Ribadeo, VIAQUA, comunícase como medida precautoria a recomendación de non utilizar a auga para o consumo humano ou uso alimentario na zona de abastacemento de Lexoso que abrangue as parroquias de Covelas, Arante e Cedofeita até novo aviso, debido a que as análises que se levan a cabo no encoro de Lexoso reflectiron un incumprimento do valor paramétrico do parámetro da turbidez, límites establecidos no Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

O motivo que causou o incumprimento foi a alteración da calidade da auga da captación debido as fortes choivas que arrastraron grandes cantidades de materia orgánica provocando unha elevada turbidez.

Estas incidencias proceden das augas do río Grande que chegan ata o punto de captación de Lexoso, non podendo garantir deste xeito que a auga sexa apta para o consumo.

No caso dos restantes puntos de consumo do Concello de Ribadeo a auga non presenta esta problemática ó non estarse captando dende Lexoso, se non dende o río Eo, a través da ETAP de Vilarbetote (Trabada)

Exit mobile version