Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde reunirase coa Acia local para preparar a participación de Burela en Fitur

Burela, 4 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou convocará aos comerciantes da localidade para preparar a participación do concello en Fitur.

O rexedor contou que “vou convocar á Acia de Burela para dicirlle como imos organizarnos en Fitur, se teñen algunha novidade de última hora que queiran levar, por exemplo algún folleto explicativo, todo o que poidan aportar. O encontro vai ser esta semana, a ser posible, para ultimar detalles xa de cara aos días 20 e 21 deste mes de xaneiro”.

Exit mobile version