Foi no ano 1991. Un programa moi exitoso de TVE, Tribunal Popular, escenificaba o xuizo a unha causa de actualidade. A mesma contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xavier Foz, xuiz e director do espacio, así como un xurado popular formado por un número determinado de persoas.
Nunca soubemos por qué, fumos convidado a participar nun deles, para o que viaxamos a San Cugat del Vallés, (Barcelona) dende onde se emitía o programa. Confesamos que o verdadeiro interese noso, dende que recibimos a inesperada invitación, era a posibilidade de coñecer polo miúdo a historia do apelido homónimo da nosa vila así como a ilusión de que, por ese coñecemento descubríramos algún tipo de relación co noso pobo, por insignificante e afastado no tempo que estivera. Pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita nen a utópica ilusión consumada, pois o señor Foz- o xuiz- só coñecìa, e non moito, do referido á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando.Non é moito o que logramos saber: só que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate. Sen dúbida, a través dos Pirineos chegarían algúns Foz á península dos que entón localizamos l35 persoas en diversas zonas do estado; nengunha no noroeste. Nunca mais soubemos daquela estirpe de “Foz”…..