Site icon Crónica3.com A Mariña

O Asador acolle o seu primeiro show room de vodas e comuñóns este sábado 23 e o domingo 24

Barreiros, 22 de xaneiro de 2016. O primeiro show room de vodas e comuñóns que se celebra no restaurante O Asador, de Barreiros, comeza este sábado, ás catro da tarde e desenvólvese tamén o domingo desde as once da mañá ata logo das oito da tarde.

Con este evento o restaurante O Asador mostrará as súas amplas instalacións para acoller vodas e comuñóns e as propostas que ofrece para esas celebracións. E tamén participan, dando a coñece os seus traballos, outras dez empresas da zona: Boutique Catycris, de Xove; Celebra o teu día, de Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Decoraciones Pura, de Foz y Burela; Discoteca móvil Eventec, de Mondoñedo; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Peluquería Cid, de Barreiros; e Viajes Rodríguez, de Foz.

O primeiro show room de vodas e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado este sábado sábado ás catro da tarde cun viño español e todos os asistentes serán obsequiados tamén cunha copa de cava. Ese día estará aberto ata as nove da noite.

O domingo abrirá ás once da mañá e os asistentes, ademais de ser obsequiados cunha copa de cava, poderán ver un pase de modelos de Catycris, que se desenvolverá ás seis da tarde; e ás oito da tarde sortearanse entre os asistentes, tanto do sábado como do domingo, 600 euros en vales de compra para canxear nos establecementos participantes no evento. A continuación terá lugar a clausura cun viño español.

A entrada, tanto o sábado como o domingo, será libre e gratuíta.

Radio Voz A Mariña
Para promocionar o primeiro show room de vodas e comuñóns do restaurante O Asador, de Barreiros, a emisora Radio Voz A Mariña, que emite desde Ribadeo no 102,3 FM e desde Viveiro no 88,5 FM, dedicou este venres, a este evento unha edición especial do programa comarcal Voces da Mariña, que se emite de luns a venres de once a doce da mañá.

Exit mobile version