Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Mondoñedo, preocupado polos desprendementos de terra na LU-124

IMG_20160109_120312Mondoñedo, 9 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG de Mondoñedo lamenta que no tramo da LU-124 comprendido entre Mondoñedo e Lindín, recentemente inaugurado pola Xunta de Galicia, se estean producindo desprendementos de terra en varios puntos da vía que afectan a circulación dun dos carrís da estrada e á evacuación das augas da chuvia polas cunetas.

O BNG xa advertiu publicamente, antes do remate das obras da mala calidade da construción desta infraestrutura, “con taludes en vertical e co recheo da ampliación do firme con materiais de pésima calidade que segundo técnicos consultados cando estábamos no goberno o firme non compactará e durará pouco”.

O BNG de Mondoñedo recorda que esta infraestrutura estaba proxectada nun primeiro momento pola Xunta de Galicia por un valor de 4.400.000€ e que na realidade só se investiron 833.000€.

Os nacionalistas ven con preocupación que os desprendementos nesta vía sexan unha constante cada vez que haxa un temporal de chuvia como o que nos está afectando estes días, así que urxe ao concello de Mondoñedo a que inste á Xunta de Galicia para que corrixa canto antes os desperfectos nos puntos afectados para que se poda circular pola estrada nunhas condicións de normalidade e seguridade.

Exit mobile version