Na reanudación acentuouse o dominio laranxa e o Rioxa baixou a súa defensa a 12 metros para protexer o seu marcador favorable. O Burela non atopaba o seu ton habitual e era demasiado lento e impreciso na circulación, sendo previsible para a defensa rioxana. Dúas accións illadas de Gaby e Peque acabaron na madeira visitante e no tramo final o Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que resultou determinante para lograr a remontada e os tres puntos. Primeiro Ceci logrou o empate e acto seguido Claudia certificou a remontada co 3-2 a pesar do último intento das avezadas xogadoras visitantes que deixaron unha gran imaxe en Vista Alegre.
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Gaby, Ceci, Bea Mateos -cinco inicial- Claudia, Dany, Lara.
Rioja FSF: Marta, Lucía, Rosita, Carmen, Gloria -cinco inicial- María Carro, Patri, Martita.
Goles: 0-1, m.14, Carmen; 1-1, m.17, Dany; 1-2, m.17, Patri; 2-2, m.36, Ceci; 3-2, m.36, Claudia.
Árbitros: Goyos López, Amor Vizoso. Colexio galego. Cartón amarelo a Bea Mateos e Gaby do Burela Pescados Rubén. No Rioxa FSF cartón amarelo a Gloria.
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 500 espectadores. As xogadoras burelesas saltaron á pista cunha camiseta de ánimo para a súa compañeira Emma, lesionada de gravidade.