Site icon Crónica3.com A Mariña

O Carnaval, na Radio Burela

parolando-carnavaisO programa de Parolando, na Radio Burela, este xoves 28 de xaneiro recibía a visita dos organizadores de catro festas de Carnaval na Mariña: Pilar López (de Foz), Davia Martínez (de Ribadeo), Roberto Díaz (de Lourenzá) e Begoña Romo (de Burela). Tamén nos acompañou Andrea Rouco, a nova Raíña do Carnaval de Foz 2016, e a súa dama de honra, Nuria Díaz. Falamos dos nervios da organización dunha festa de Carnaval, da elección de xurados, da forma de valoración dos participantes nos concursos, das diversas facetas da festa (disfraces, desfile, baile…) e do moito pulo que os Carnavais están tendo nos últimos anos na nosa bisbarra. Cada un dos organizadores presentou tamén o Carnaval do seu concello.

Exit mobile version