O Concello de Viveiro publica este xoves 7 de xaneiro no taboleiro e na web municipal as propostas de resolución polas que se aproban as listas de admitidos e excluidos, se nomean aos tribunais cualificadores e se fixan as datas para a celebración dos concursos dos procesos para a selección de 1 operario de protección civil e 1 peón do servizo de obras que prestarán servizos temporais no Concello.
A resolución mediante a que
Tras detectar erros nas resolucións relativas á lista de admitivos e excluídos, nomeamento de tribunal e convocatoria do mesmo para proceder á valoración de méritos, o Concello de Viveiro explica que este venres se publica a resolución coa corrección de erros que afecta á data na que se constituirá o tribunal e se realizará a valoración de méritos: onde dí “venres, día 8 de xaneiro”, debe dicir “mércores, 13 de xaneiro”.