Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova acolle o 27 de xaneiro unha xuntanza de asociacións ecoloxistas da Reserva da Biosfera

O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016 publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da Cultura da Pontenova o próximo día 27 ás 19.00 horas para elixir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

A Plataforma en Defensa da Ría de Ribadeo informa “ás asociacións ecoloxistas e similares que teñan interese por estes asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido medioambienmtal tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin de contas é a receptora final de tódalas emisións”.

Evaristo Lombardero explica que “nestes días estivemos falando con varias persoas interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que ven con esta finalidade”.

Exit mobile version