Site icon Crónica3.com A Mariña

O “domingo de piñata” haberá desfile de Entroido en Lourenzá organizado pola ACIA

lou-piñataA Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos de Lourenzá presenta o cartel do desfile de Entroido deste ano que están a organizar xunto co Concello de Lourenzá.

O desfile será o domingo 14 de febreiro, domingo de piñata. Os participantes podernase inscribir ese mesmo día no recinto feiral de 12.00 a 15.00 horas. Sairá do recinto feiral arredor das 16.30 horas e percorrerá as rúas da vila ata a Praza do Conde Santo.

O concurso de disfraces repartirá máis de 4.600 euros do seguinte xeito:
INFANTIL
– Individual: 65/55/45/40/30
– Parellas: 100/75/50/30
– Grupos (+ 3 integrantes co dobre de nenos menores de 12 anos que de adultos): 250/200/150/100

ADULTOS
– Individual: 150/100/75
– Parellas: 200/125/75
– Grupos (+ 3 integrantes): 300/200/100
– Charangas (con instrumentos musicais reais): 300/200/100
– Carrozas (vehículo de tracción mecánica ou animal cun mínimo do 50% dos seus integrantes enrriba en todo momento): 350/250/100
– Comparsas (con turutas, sen equipos de música): 350/250/150

Á presentación do cartel non puideron asistir tódolos membros da directiva que está composta por: Javier Huertas como Presidente, Roberto Díaz e Rubén Villar como Vicepresidentes 1º e 2º, respectivamente, Mª Fe de la Barrera como Tesoureira, Victor Manuel Penedo como ViceTesoureiro, Lucía Valea como Secretaria e Mª Begoña Oural e Moisés Rego como Vogais.

A directiva agarda que o desfile deste ano “sexa un éxito igual que os anos anteriores tanto polo número de disfraces como pola súa calidade”.

Exit mobile version