Burela, a 28 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular manifestou este xoves, logo das declaración deste mércores do concelleiro de Cultura, que “todo apunta a que son fundadas as nosas sospeitas sobre a concesión de subvencións ás asociacións neste ano 2016, porque o propio concelleiro di que ‘las próximas subvenciones dejarán de ser nominativas y va a tenerse muy en cuenta esa colaboración de las asociaciones culturales del municipio con el Concello de Burela’”.
Para os populares, “o manifestado polo Sr. Díaz significa, literalmente, que as asociacións que colaboren co concello terán máis cartos, e as que non o faigan terán menos axuda ou ningunha, sen ter en conta que hai asociacións e colectivos que polos seus obxectivos e fins teñen moi complicado colaborar co Concello”.
Ademáis indican que “igualmente, o manifestado polo Sr. Díaz non é coincidente co manifestado ó respecto polo goberno socialista hai uns días, xa que decían que estaban traballando na elaboración dunhas bases de ‘concesión das axudas ás asociacións, axudas que sexan obxectivas, para que todas as asociacións poidan ter as mesmas opcións’. Sería bon que os propios membros do goberno municipal se puxesen de acordo, e lles digan de unha vez por todas ás asociacións e colectivos cómo vai ser o asunto das subvencións”.
Desde o GMP consideran “lóxico que este ano aumenten as contías das subvencións, xa que aumentará a recaudación, e polo tanto vai haber máis cartos; así que o actual goberno non fai nada do outro mundo. E ademáis vai haber máis cartos porque o goberno actual non tén que pedir ningún crédito de un millón cen mil euros para pagar facturas herdadas, como tivo que facer o goberno do PP”.
“Queremos lembrarlle ó Sr. Díaz e ós seus compañeiros de goberno que foi o bipartito quen retirou as subvencións ás asociacións e colectivos, deixando só catro convenios para outras tantas asociacións. O goberno do PP, logo de frenar o desastre económico que deixou o bipartito, recuperou as subvencións en 2013, ampliounas e aumentounas en 2014 e mantívoas en 2015, tanto que en 2015 concedéronse axudas a un total de cincuenta e dúas asociacións e colectivos. Ahora que a economía do concello vai millor, é mui doado falar, pero dos que eliminaron as subvencións, e dos que xa lle mandaron recados a algún colectivo que este ano non terán axuda do Concello, nin nos fiamos nin aceptamos ningún tipo de lección ”, engaden.
O GMP reitera que “en recentes reunións con asociacións, os asistentes entenderon perfectamente a mensaxe que transmitiron os membros do goberno presentes: quen colabore co Concello terá máis cartos, e quen non colabore xa veremos; e os membros do goberno tiveron que escoitar manifestacións discordantes, a pesares de que intenten trasladar o contrario”.
Finalmente, “desde o GMP pedímoslles que redacten unhas bases con criterios realmente obxectivos, evitando políticas caciquís e clientelares, e que aumenten as contías, porque disporán de máis cartos. De ser así, contarán co noso apoio. De ser o contrario, ademáis de criticar as medidas que se poideran tomar, actuaríamos en consecuencia”.