Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno local de Mondoñedo emite un comunicado sobre os cortes de subministro eléctrico na localidade

Mondoñedo, 7 de xaneiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo comunica que:

A rexedora, Elena Candia, e o equipo de Goberno súmanse á indignación dos veciños e veciñas, dos negocios e comerciantes afectados polos constantes cortes de subministro eléctrico.

O Goberno local vén de solicitar unha reunión con carácter urxente coa empresa responsable para tratar de pórlle fin a esta problemática.

O equipo de Goberno esíxelle á empresa responsable da prestación do servizo que adopte medidas na maior brevidade posible para evitar esta situación.

Tamén se lle pedirá que estude indemnizar aos afectados polos cortes no subministro.

Exit mobile version