A rexedora, a popular Elena Candia, explica que “a seguridade é o primeiro neste tipo de instalacións, polo que cando detectamos que podía existir perigo actuamos de xeito inmediato”.
En concreto, o investimento destinouse a colocar pavimento elástico de protección de caídas, cerre de madeira con acabado de pintura ecolóxica, protector de portas salva dedos, unha barra andador, protección para as columnas e instalacións de barras e proteccións.
Elena Candia subliña que as 41 prazas que o Goberno local pon a disposición dos pais e nais están cubertas. “Valoramos poder ofrecer un servizo tan importante para a nosa localidade e nas mellores condicións”, conclúe.