Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP acusa ao bipartito na Deputación de vender “como un favor” uns convenios xa asinados polo equipo de Goberno de Candia

Lugo, 20 de xaneiro de 2015.- O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo acusa ao bipartito de vender “como un favor” uns convenios cos concellos xa asinados polo equipo de Goberno de Elena Candia, cando a popular ostentou a presidencia da institución. “Queren dar a entender que nos fan un favor cando o único certo é que respectan unha decisión do anterior equipo de Goberno, algo que forma parte da normalidade democrática”, explica a voceira do PP.

Os populares, que non recibiron a documentación sobre os Orzamentos para 2016 ata a última hora da tarde de onte, pese a ser o obxecto da xunta de voceiros celebrada esa mañá, aseguran que na información que achega a Deputación non se garante que ese crédito vaia ser empregado para cumprir con eses compromisos adquiridos cos concellos. “Dinnos que se van respectar eses convenios pero dínolo a mesma persoa que afirmou que Manuel Martínez estaría na xunta de Goberno da Deputación, polo que teñen que entender que desconfiemos da súa palabra”, subliña Candia.

O Grupo Provincial do PP pídelle rigor e sentido da responsabilidade ao bipartito, polo que non consideran “ningún favor” que se respecten os acordos asinados polo anterior executivo, senón unha mostra de normalidade democrática. Candia precisa ademais que se trata dunha contía “insignificante porcentualmente” destinada a atender obrigas como o abastecemento ou obras de primeira necesidade.

Á espera de estudar as cifras
O Grupo Provincial do PP esperará a facer unha valoración das contas unha vez poida estudalas de forma detallada, posto que lles foron entregadas a última hora de onte. Polo que puideron observar nunha primeira análise, PSOE e BNG acordaron unha importante redución das subvencións nominativas, amais de rebaixar o montante do Presuposto. Na documentación entregada non figura o anexo de investimentos, o anexo de persoal, nin os orzamentos de Suplusa, da Fundación TIC, nin do consorcio provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

Exit mobile version