Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP dálle de prazo ao bipartito na Deputación ata o venres para que aclare o que vai facer coas súas demandas sobre os Orzamentos

Lugo, 25 de xaneiro de 2015.- O Grupo Provincial do PP dálle de prazo ao bipartito na Deputación ata o venres para que aclare o que vai facer coas súas demandas, se pensa incorporalas ao Proxecto de Orzamentos ou as descarta. Os populares fan esta petición despois de participar esta tarde nunha nova xuntanza “na que non temos visto avance algún con respecto ás anteriores reunións”.

As esixencias do PP pasan, como xa explicaron desde o primeiro día, pola inclusión da contía que se ten aprobado en Suplusa para a mellora das áreas industriais, así como a construción de dúas novas residencias en O Caurel e Portomarín. O PP demanda ademais que non se incremente o gasto en persoal eventual a través da contratación a dedo de oito novo asesores “pola porta de atrás” e contravindo o acordo do Pleno de organización.

A voceira do PP, Elena Candia, quéixase de ter participado en reunións maratonianas nas que o bipartito “nin ten vontade de diálogo nin mostra que haxa traballo algún detrás da súa proposta, posto que é sempre a mesma”.

A popular subliña que as propostas do seu grupo “están claras”, polo que lles pedimos que se poñan a traballar e, a máis tardar o venres, “nos presenten un proxecto de Orzamentos modificado no que se vexan incorporadas as nosas demandas”.

Despois de tres reunións podemos afirmar que a estratexia que sigue o bipartito é unha tomadura de pelo que o único que busca é xustificar a falta de traballo por parte de socialistas e nacionalistas. “E un paripé no que non imos participar, teñen de prazo ata venres para demostrar se lles interesa ou non esta provincia”, conclúe Candia.

Exit mobile version