Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP viveirense pide iluminación na entrada de Viveiro por Escourido, no calexón da rúa Amargura e a limpeza do miradoiro do Pirixel

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

Por unha banda, na estrada xeral LU-862 (Ferrol – Viveiro ) entre os Km 81 e 82 ao seu paso polo barrio de Escourido, da parroquia de Covas, é a única das entradas ou saídas do noso concello que non ten un alumeado público en condicións. A iluminación escasa provoca unha inseguridade tanto para os viandantes coma para os conductores. Por este motivo lle ROGAMOS ó Goberno Local que se teña en conta en futuras obras, un novo alumeado público para esta zona, ben sexa con recursos propios ou en colaboración con outras Administracións.

E, por outra, no calexón da rúa Amargura na parroquia de Celeiro (o que vai desde a rúa do Porto ó Celeiriño) hai un acceso moi empinado e unhas escaleiras que contan cunha evidente escaseza de luz de alumeando público. Como queira que temos recibido queixas dalgúns veciños (principalmente persoas de idade) provocadas por algunha caída. Ademais, nalgunhas zonas, co inverno, acumúlase lodo. Por iso, “ROGAMOS ó Equipo de Goberno que mellore o alumeado neste calexon e que acometa a limpeza deste lodo o que, sen dúbida, mellorará a seguridade dos usuarios deste vial.

Finalmente, o miradoiro do alto do Pirixel presenta un estado lamentable, con abundante maleza o que da unha sensación de evidente abandono. Por iso, ROGAMOS ó Equipo de Goberno que se adecente dita zona e se corte dita maleza para evitar o seu mal aspecto, así como que se coloque a maiores un panel informativo da zona o que a bo seguro agradecerían todos aqueles que o visiten.

Exit mobile version