Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP viveirense presenta dous rogos para o pleno de febreiro solicitando a reparación da rúa Alonso Pérez e da balaustrada do paseo marítimo

Viveiro, 20 de xaneiro de 2016.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1- No Pleno do 2 de setembro do 2015 presentamos un rogo pedindo que na Rúa Alonso Pérez se procedera a pavimentación e adecentamento do firme de forma definitiva e duradeira, posto que estaba en mal estado e con moitas fochancas, indicando que cando as tapaban ó pouco tempo voltaban a aparecer. A Sra. Alcaldesa indicaba que o persoal municipal as tapaba de forma adecuada e aparecían a miudo porque non hai recollida de augas pluviais e subsolo, e que se arranxaría cando se puidera. En esas datas foron tapadas con un pouco de alquitrán, pasados tres meses voltaron a aparecer (como en todas as ocasións anteriores) e a día de hoxe están peor que cando as taparon. Os veciños e veciñas da zona mostranse moi molestos porque en moitas ocasións son totalmente salpicados o pasar os vehículos, non chegando a entender cómo se pode tardar tanto tempo en darlle unha solución definitiva a este problema.

É polo que lle rogamos ó equipo de goberno tome as medidas necesarias para a súa reparación adoptando outro tipo de solucións para que non volten a aparecer ditas fochancas, dado que se trata de unha rúa moi transitada o ser utilizada como unha das saídas do noso pobo.

2- Fai dous meses na variante do noso Concello tivo lugar un accidente de circulación caendo un vehículo ó paseo marítimo, o que provocou a rotura en dous sitios da balaustrada unha vez pasada a ponte dirección Covas na súa marxe dereita. A día de hoxe está sin reparar, o que supón un perigo para os viandantes que pasean con nenos. Por este motivo lle rogamos á Sra. Alcaldesa que se dirixa a quen lle corresponda, para arranxar ditos desperfectos coa maior prontitude para evitar riscos innecesarios.

Exit mobile version