Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC cae ante o Noia e toma a súa posición de colista

Os celestes viaxaban a Noia para medirse ao colista no seu primeiro partido do 2016 e última xornada da primeira volta da temporada 15/16 da Terceira.

O encontro estivo marcado polo mal estado do terreo de xogo onde ambos equipos loitaban pola posesión. Pouco tardaron os locais en estrear o electrónico e pouco despois, coa primeira lesión, había cambio de filas entre os de Yago Iglesias. Con todo, lograban o control do partido e poñían o 2 a 0 no marcador antes do descanso.

Trala volta dos vestiarios, os visitantes contaron con algunha ocasión nunha segunda metade igualada na que o marcador non se movería.

Deste xeito, o Noia faise cos 3 puntos e ascende á décimo oitava posición da táboa; mentres que o Ribadeo se queda con 15 puntos e a posición de colista.

A vindeira xornada xogará o derbi lucense da segunda volta ante o Racing Club Villalbés que ocupa a décima posición con tras vencer ao Arosa por 3-1. Na primeira volta, os vilalbeses venceran no Pepe Barrera por 1-2.

Exit mobile version