Site icon Crónica3.com A Mariña

Or@perucita, na OMIC de Ribadeo

mofA sala OMIC de Ribadeo albergará até o 15 de febreiro a exposición Or@perucita, da autoría de Mof Lasinvergüenza (Mónica Filgueira Formoso). A artista plástica e o concelleiro de Cultura presentaron o pasado venres unha exposición en que o conto clásico da Carapucha Vermella se revisa pictóricamente de forma innovadora, atrevida e visual. A combinación de cores, texto, la e madeira fai cativadora a obra da artista ourensá e lévanos a ollar desde outra perspectiva a tradición literaria.

Exit mobile version