Os xoguetes elaborados con materiais de refugallo feitos polo alumnado da Escola Infantil de Burela, expostos na Casa da Cultura
edicion
Burela, 12 de xaneiro de 2016.- A ANPA da Escola Infantil de Burela, centro ó que asisten nenas e nenos de 0 a 3 anos, organizaron un obradoiro para as familias de elaboración de xoguetes con material de refugallo, actividade que lles pareceu significativa para realizar antes do Nadal, mostrando así xoguetes que poden ser elaborados con materiais que temos nas casas, en datas coma as do Nadal, para reflexionar un pouco sobre o consumismo destas datas. Rompemos a cabeza para mercar xoguetes para que finalmente as nenas e nenos do centro se entreteñan máis cunha botella, unha lata, un trozo de tea, materiais que non coartan a súa creatividade, que poden servir para todo aquelo que se poida imaxinar. Os xoguetes que se elaboraron nese obradoiro están expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela ata o día 22 de xaneiro de 2016, coincidindo coa exposición de postais que organiza a Biblioteca Pública do Concello de Burela.